lunes, 2 de febrero de 2015

MATERIAL REPELENTE DE AUGA

Un grupo de investigadores conseguiu encontrar un metal capaz de repeler a auga o que fai que as gotas de auga reboten .
Este efecto non é producido nin por moito menos por algunha propiedade do metal . 
Observouse este efecto cando os científicos aderiron uns patróns microscópicos con diversas formas na superficie do metal coa axuda dun láser , xerando superhidrofobia.


Unha universidade de EEUU usando pulsos láser conseguiu aderir estás propiedades a ditos metais.
Esta técnica usouse para aplicala a diferentes obxetivos , como podería ser evitar a conxelación das ás dos avións a alturas moi elevadas entre outras moitas superficies.
Un dos logros máis vistosos e con maior utilidade é conseguir auga de chuvia en países menos desarrollados.
Tamén se podería combinar con outros láseres o que facería que determinados metais conseguisen absorver a luz.
Pero esta técnica aínda está en proceso de desarrollala xa que se tarda moito en debuxar patróns de escaso tamaño.